Aviso legal

Titular

O titular da páxina web retrincos.gal é Antonio Alvar Vázquez.

Finalidade

A presente páxina web é un proxecto web e multimedia educativo e de comunicación creado por Antonio Alvar Vázquez.

A páxina web ten unha finalidade informativa, educativa e sen ánimo de lucro.

Propiedade intelectual

Os contidos publicados na páxina web, nas súas diferentes linguaxes, formatos e narrativas, son de elaboración propia e están protexidos polos dereitos de autor.

Queda prohibida a reprodución e/ou difusión total ou parcial do material publicado na páxina web sen a correspondente autorización do seu titular.

O titular resérvase o dereito de establecer licenzas de uso máis ou menos restritivas baixo certas condicións. De ser o caso, indicarase expresamente na páxina web.

Permítese o dereito de citación da web e dos seus contidos indicando autor e fonte coa súa correspondente hiperligazón.

O material, contido ou información de terceiros están suxeitos ás súas correspondentes licenzas de uso e, de ser o caso, empréganse nesta páxina web de acordo coas condicións especificadas polos seus creadores. Na ausencia de licenzas que especifiquen o uso, enténdese que se aplica a lexislación vixente que regula a propiedade intelectual. A web fai uso do dereito de citación atendendo á súa finalidade educativa e divulgativa.

Exención de responsabilidade

O titular da páxina web non garantiza a inexistencia de erros no acceso á mesma e non se responsabiliza de prexuízos derivados da falla de dispoñibilidade ou de usos ilícitos alleos ao titular que contraveñan o funcionamento ou alteren os contidos orixinais.

O titular da páxina web non garantiza a inexistencia de erros no seu contido. A información publicada ten carácter ilustrativo e non orixinará dereitos nin expectativas de dereitos.

O titular pode realizar modificacións ou actualizacións sen previo aviso.

O titular declina toda responsabilidade sobre os contidos enlazados a páxinas web externas así como sobre a información ou material proporcionado por terceiros.

O titular non se responsabiliza das opinións expresadas na propia páxina, redes sociais e outros foros da rede internet.

Aloxamento

A páxina web retrincos.gal está aloxada nun servidor web ubicado en Europa, xestionado por un provedor que é responsable de garantir o correcto funcionamento da mesma.

Administración

A páxina web está a ser administrada polo titular da mesma.

Cláusula final

As presentes condicións poden revisarse e modificarse sen previo aviso polo titular da web.

O titular non se fai responsable do uso que o usuario poida efectuar dos contidos publicados na páxina web.

Enténdese que o usuario que visita a páxina web acepta os presentes termos e condicións na súa totalidade e a facer uso da web de maneira responsable.

[retrincos.gal | Actualizado o 17/1/2024]